Pilar Piñeiro en Saias Ledas

Cerámica galega: feita, deseñada e inspirada na nosa terra

Unha das marcas que podes atopar en Saias Ledas é Pilar Piñeiro Cerámica. Pezas feitas artesanalmente en torno alfareiro, inspiradas no mar e tradición galega. Xeniais para facer un agasallo ou para darlle personalidade a caquer rinconciño do teu fogar.

O taller artesanal de Pilar Piñeiro tamén está situado en Cangas do Morrazo, na parroquia de Darbo.

Dende 1990 realíza pezas únicas no torno alfareiro, empregando distintos tipos de arxilas e esmaltes cerámicos segundo o requira cada peza. Por outra parte, a súa inspiración baséase na natureza e na tradición mariñeira do seu lugar de nacemento.

Como resultado: cerámica funcional e decorativa, con deseños propios.

http://pilarceramica.com/

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.