Freesia en Saias Ledas

Unha marca amiga con moito estilo

Floristería Freesia é un pequeno negocio familiar de Cangas do Morrazo, ca visión sempre posta nas últimas tendencias do arte floral. A calidade do seu traballo vese abalada pola súa ampla traxectoria profesional, pero sobre todo nos seus preciosos arranxos florais.

En Saias Ledas podes atopar todo o ano algún dos seus deseños en cintos para personalizar o teu traxe especial. Un toque de cor e pétalos que lle dá ese toque especial e festivo ó teu look.

Ademais, esta primavera, temos a sorte de colaborar con Freesia e o escaparate de Saias Ledas loce máis bonito que nunca: co vestido de noiva deseñado e confeccionado por Gloria Barcia e os adornos florais de Chus R. Mouriño. Precisas unha coroa de flores? Non te decides cun ramo? Ou queres unha decoración floral contemporánea e diferente? Nós non o dubidamos, Freesia será a opción máis orixinal!

https://www.floristeriafreesia.es/