Cambios e devolucións

En Saias Ledas queremos ofrecerche o mellor servizo. Se tes algún problema co teu pedido non dubides en poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico info@saiasledas.com, responderémosche o antes posible.

DEVOLUCIÓNS

Para realizar unha devolución envíanos un correo electrónico a info@saiasledas.com nos 15 días posteriores á entrega do mesmo. Explica o motivo e indica o número de pedido. Non esquezas especificar no asunto do correo que é unha DEVOLUCIÓN.

PRODUTOS EN MAL ESTADO

No caso de que recibas un produto errado ou en mal estado, poderás devolvelo e os custos de envío correrán ao noso cargo. Unha vez confirmemos a devolución, realizaremos o reembolso do custo do produto e os gastos de envío nun prazo de 10 a 15 días laborais. Recibirás o importe total a través do mesmo método de pago dende o que se realizou a compra. Lembra que se o teu pedido tiña algún desconto ou promoción recibirás o importe que pagaches por el nese momento.

DEVOLUCIÓNS

Se desexas facer unha devolución por motivos persoais, poderás facelo sempre que o produto non fose estreado. Do mesmo xeito, se o teu pedido incluía algún agasallo, deberase achegar no paquete. Os artigos deben chegar ben empaquetados e os gastos de envío corren a conta do comprador. A empresa de mensaxería coa que traballamos porase en contacto contigo para facer a recollida do paquete por un prezo de 5€ . Cando recibamos a devolución, realizaremos o reembolso do custo do produto nun prazo de 10 a 15 días laborais. Recibirás o importe total a través do mesmo método de pago dende o que se realizou a compra. Se o teu pedido tiña algún desconto ou promoción recibirás o importe que pagaches por el nese momento.

CAMBIOS

DE TALLE OU MODELO

O primeiro cambio de talle ou modelo en calquera das camisetas corre da nosa conta. Por razóns loxísticas, nos cambios de talle en pantalóns, saias e vestidos, o custe da recollida do paquete será de 5€. A empresa de mensaxería coa que traballamos porase en contacto contigo para facer a recollida do paquete. Enviaremos o novo talle unha vez recibamos a peza.

PRODUTOS PERSONALIZADOS

No caso das pezas que sexan personalizadas con medidas, estampados ou calquera outra especificación, só se poderán devolver por chegar en mal estado ou para arranxar.

CANCELACIÓNS

Unha vez realizado o pedido, este só poderá ser cancelado antes de que o enviemos.