Faqs

PREGUNTAS FRECUENTES

 

PRODUTOS

Todo os produtos son feitos a man?

A colección muller e as pezas de decoración está feita a man na súa totalidade por Gloria Barcia, costureira artesá. Só as camisetas con estampado son de fabricación industrial, pero o selo está tallado e estampado manualmente. Ademais, este selos están deseñados exclusivamente para Saias Ledas. Todo isto especifícase na descrición de cada peza.

Só vendedes online?

Actualmente si. Os nosos produtos e os seus deseños son exclusivos da nosa marca e só se poden adquirir a través desta páxina.
Na casa de Gloria está habilitado un espazo para probar os encargos pero tamén se queres facerlle unha visita non tes máis que pedir cita previa no teléfono 667223910 ou no correo electrónico info@saiasledas.com.

Que tipo de tecidos empregades?

Estamos traballando con punto de algodón orgánico, bambú, tencel e lonetas e denim de algodón orgánico, liños… para o verán tecidos máis livianos e no inverno máis gordiños, pero sempre de calidade e sostibles!
No outlet podes atopar aínda tecidos que non seguen o estándar de sustentabilidade. Para unha empresa de pouca tirada conseguilos non é doado, pero estámolo conseguindo!!
 

PEDIDOS E PAGOS

Cales son os métodos de pago?

Podes pagar con transferencia bancaria e a través PayPal.

Podo cancelar un pedido?

Se desexas cancelar o teu pedido, ponte en contacto con nós rapidamente! Unha vez que o enviemos, entrarás dentro do proceso de devolucións. Consulta a nosa Política de devolucións.

Están os impostos incluídos no prezo?

Si, o prezo inclúe sempre o IVE correspondente, ou sexa, o 21%.
 

ENVÍOS

Dende onde podo facer o meu pedido?

De momento só contemplamos a posibiliade de envíos á calquera lugar do Estado Español peninsular polo tipo de tarifas ás que optamos. Pero se estás lonxe e queres facer un pedido, ponte en contacto con nós e atoparemos unha solución!