Saias Ledas é unha marca de roupa sostible e artesá confeccionada con tecidos orgánicos en Galicia.
Saias Ledas forma parte como obradoiro artesá da marca oficial de Artesanía de Galicia, sendo Gloria Barcia a única modista artesá encargada dos deseños e confeccións destas orixinais pezas.
Todos os tecidos utilizados na última colección foron seleccionados especialmente polos seus compoñentes 100% orgánicos e de calidade, seguindo así a nosa proposición de ser cada día máis respectuosas co medio ambiente.
Ademais, podes escoller un talle estándar ou enviarnos as túas medidas nos comentarios do pedido. Esquece os problemas da moda convencional! Os nosos produtos sentaranche xenial e, co coidado axeitado, acompañarante durante moito tempo!
A gran novidade deste ano é a colección de camisetas 100% algodón orgánico, confeccionadas industrialmente pero cunha estampaxe artesanal de deseños exclusivos para a nosa marca e gravados manualmente. Ademais, hai modelos unisex. Por fin Saias Ledas para home!
Con todos os nosos deseños procuramos representar a identidade galega dende un lugar máis alá do tradicional sen esquecernos deste. Todo este traballo co artesanal e o moderno dá como resultado uns produtos de acabado de calidade excepcional, avalado por máis de 30 anos de experiencia, nas últimas tendencias en moda internacional.
Tes algunha dúbida sobre o noso xeito de traballar ou sobre a filosofía de marca? Ponte en contacto con nós para saber máis!
DESEÑADORA & ARTESÁ
Gloria Barcia
FOTÓGRAFA & COMUNICACIÓN
Uxía Piñeiro